xoves, 14 de marzo de 2024

CAMPAMENTO SEMANA SANTA 2024

CAMPAMENTO SEMANA SANTA 2024


QUE IMOS FACER?

Neste campamento, imos pasalo xenial. Os máis cativos van buscar os ovos por todo o mundo a ver se os atopan; tamén faremos moitos xogos e obradoiros.

En canto aos maiores, farán actividades como atopar a maxia do coelliño de Pascua e xogos de batallas de cores, atopar os segredos perdidos das poboacións antigas e moitas máis aventuras.

COMO O IMOS FACER?

No protocolo que podedes atopar en www.cocofante.es explicamos todo o noso funcionamento. Dende como entrar e saír, a como deben asistir ao campamento.

COMO DEBO INSCRIBIRME?
Antes de nada, se tedes algunha dúbida chamade e vola resolveremos. Cando xa esteades convencidos, tedes que cubrir a
FICHA DE INSCRICIÓN Enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeKQttkl2B9VSTu-WK4QH9FojPu-FaxUuLf3Gx1KhzmK0WChQ/viewform

Data límite de inscripción o 18 d emarzo

Temos tantas ganiñas de vervos a tod@s que non nos pasan os días!

Coidádevos moito... bicos e apertas!






martes, 6 de febreiro de 2024

Beca comedor Xunta de Galicia

Hola! 👋 

Nos han concedido la beca de comedor de la Xunta y una vez hablado con el catering Arelas, se va a aplicar un descuento desde el mes de Febrero (que es el recibo que se nos pasa en Marzo)en todos los menús. Los importes a descontar serán los siguientes:5 días,descuento  20€4 días, 16€3 días, 12€2 días, 8€1 día, 4€Menús esporádicos: 1€ de descuento.De tal manera que las cuotas que se pagarían según el número de días que come cada niño/a quedan en:5 días : 87.50-20= 67,5€4 días : 70-16= 54€3 días: 52,50-12= 40,5€2 días: 35-8= 27€1 día : 17,5-4= 13,5€Un saludo,Anpa CEIP Javier Sensat

luns, 5 de febreiro de 2024

Xornada de Portas Abertas!

 



Non é necesaria cita previa.


Primeira xornada da décima Liga de Natación Escolar

O pasado domingo celebrouse a primeira xornada da décima Liga de Natación Escolar con máis de 400 participantes. 


Aquí están os nosos nadadores que, coa súa presencia, representaron ao CEIP Javier Sensat nas categorías de benxamíns e promesas.







Unha xornada moi agradable e toda unha experiencia! 
Grazas a todos aos bañistas e as súas familias por participar!👏 👏 👏 

Bo nadal! a visita de Papá Noel

 Participación do ANPA no reparto de agasallos co PapaNoel na Escola

🎁 🎁 🎁 🎁 🎁 🎁 🎁 🎁 🎁 🎁 🎁 🎁


.


luns, 18 de decembro de 2023

venres, 25 de agosto de 2023

NOVO CURSO 2023/2024

Estimadas familias:

A directiva da ANPA o Castañal, do CEIP Javier Sensat davos a benvida a este novo curso.

Unha ANPA (Asociación de pais e nais de alumnas/os) é o órgano de representación das familias na escola, e posibilita a participación na xestión e o modelo educativo da mesma. É a vía que temos para tomar decisións en torno ao que desexamos que sexa a educación dos nosos fill@s. A ANPA O Castañal xestiona as actividades extraescolares do centro, o servizo de aula matinal, o servizo de comedor, a axenda escolar, un banco de libros complementario, carnet de socio, festas de Samaín, Nadal, entroido, fin de curso e actividades de convivencia como a Carreira en familia ou Acampada en familia,... A ANPA está constituida por pais e nais que traballan voluntaria e desinteresadamente para tod@s.

A nosa escola é unha pequena familia, accesible, manexable, abarcable. Existen moitas formas de participación, e non todas son presenciais ou constantes. Participar un pouco cada un será un moito para todos. Necesitamos o voso apoio, a través da vosa asistencia ás reunións da ANPA, as vosas opinións e os vosos votos para levar a cabo novas iniciativas. Estas accións son a base para realizar novas propostas á Dirección do Centro.

A continuación informámosvos das actividades que se fan a través da Anpa e das normas de uso dos servizos.
Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto coa Anpa:
A través do correo electrónico
anpaj.sensat@gmail.com ou anpa.sensat.actividades@gmail.com (para calquera dúbida sobre actividades)

Deixando mensaxe no teléfono da Anpa: 660 203 932 (vos devolveremos a chamada en canto poidamos) No local da Anpa de 9:00 a 9:30 2 días á semana, que aínda están pendientes de confirmación.

COTA ANPA :

Para facer uso das actividades organizadas pola ANPA é preciso ser socio da ANPA e ter pagada a cota anual. Esta será de 25 euros/familia e curso escolar. A directiva tomou a decisión de facer esta suba por mor da suba xeneralizada de tódalas actividades que acomete. Débese facer o ingreso antes do 25-09-2023. Os nenos que non teñan pagada a cota da anpa non poderán facer uso das actividades extraescolares nin do comedor en outubro (exceptuando becados do concello e as familias dos nenos de 3 anos):

No de conta: ES51 2080 5016 0230 4000 4123

A inscripción farase a través do formulario de google que se adxuntará ao envío desta nota informativa.

CARNET ANPA: Ao cumplimentar a solicitude de inscripción na ANPA recibiredes automáticamente un xustificante que vos permitirá desfrutar de descontos en diferentes empresas coas que a anpa se puxo en contacto. Este xustificante irá acompañado dun enlace cos descontos e nomes das empresas que colaboran con nos. Se sabedes de algunha empresa que queira facer algún tipo de desconto os socios da anpa poñédevos en contacto con nos no correo.


COMEDOR ESCOLAR:

É o propio cátering ARELAS quen se encarga da xestión administrativa do comedor (inscricións, pagos, altas e baixas,...) Os interesados debederedes cubrir a ficha de inscrición:

http://cateringarelas.com/wp-content/uploads/2022/07Mod.1336-Ficha-inscripcion-COMEDOR.pdf e enviala por mail a calidad@arelas.es

Días por semana  - Prezo

 - 87,50

4 - 70,00€ 

3 - 52.50

2 - 35,00€ 

1 - 17,50€ 

Esporádicos 6,00/menú

Esta cuota calcúlase contando todos os días lectivos e dividindo entre as dez mensualidades. Emitirase un recibo dentro dos primeiros 30 días do mes. No caso de devolución do recibo, deberase aboar 5 euros en concepto de gastos de devolución. No caso de non resolver o impago nos 15 días naturais dende a notificación, cursarase a baixa no servizo.

Calquera cambio na asistencia debe notificarse no teléfono 986 40 81 51 ou no mail: calidad@arelas.es antes das 8.00h do mesmo día. A partires do 5o día consecutivo de ausencia farase o desconto correspondente. Na páxina web do catering (http://cateringarelas.com/) poderedes consultar os menús mensuais. 


AULA MATINAL: Para facer uso deste servizo debe encherse o formulario de Google que se adxunta no que se inclúa o número de conta e que autorice a domiciliación

Neste curso continuamos con este servizo con Mulleres Progresistas e establécense tres franxas horarias:

  • -  De 7:45h a 8:50h: 37/mes. (Traerían tupper co almorzo)

  • -  De 8:00h a 8:50h: 28,50/mes.

  • -  De 8:30h a 8:50h: 15/mes.

  • -  Esporádicos: 2,50 /día.

  • -  Espóradicos + tupper: 3,50/día.

    Todol@s alumn@s que precisen estar no Centro entre as 07:45h e as 08:50h deben facer uso deste servizo por unha disposición da Xunta, polo que se acceden ao colexio antes das 8.50h deberán ter pagada a aula matinal.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: Xa debestes recibir un primer comunicado a través dos grupos de WhastApp dos diferentes cursos nos que se busca sondear un pouco o interese/necesidade das actividades que tradicionalmente se viñan levando a cabo no centro. Agradecemos a participación neste sondeo para eliminar ou cambiar as que menos aceptación teñan e tratar de buscar algunhas que resulten máis interesantes. Se alguén non recibiu dita notificación, que contacte coa ANPA e llela enviaremos novamente.


CUMPREANOS: Está permitido a celebración de festas de cumpreanos dos alumnos de infantil e primeiro ciclo de primaria (ata 3o curso incluído) do Centro nas instalacións do colexio nos seguintes horarios:

Tardes: De 16:30 a 20:00
Mañás de días non lectivos: De 10:30 a 14:00

Para celebrar os cumpres no cole deberedes contactar coa ANPA vía email para reservar a data e cubrir e asinar unha circular na que aparecen as normas dos cumpres e a aceptación da responsabilidade.

A cota é de 35,00 € e cubre a limpieza dos espazos utilizados (comedor e aseos)
No Conta: ES51 2080 5016 0230 4000 4123. Indicando en concepto CUMPREANOS + NOME ALUMNO e 
curso

Prégase que se devolva todo o mobiliario utilizado ao seu sitio, e se deixe todo nas mellores condicións posibles, pois ao seguinte día de uso, precisan atopar todo en orde para o servizo de aula matinal.

PISTAS DE TENIS: Está permitido o uso das pistas de tenis do Centro, para o que se deberá reservar a través do cuestionario de google: XXXXXX coa debida antelación. 


  • VARIOS:

    Continuaremos organizando: Festas nas datas máis sinaladas, Carreira en Familia, fotos/orla, Campamento de Semana Santa e Campamento de Verán, Festa de Nadal, entroido...

  • ●  Durante o curso enviaremos a información a través do grupo de difusión da Anpa e do blogue. Os que non queiran estar nos grupos de difusión deberán fixarse no blogue.

  • ●  BLOGUE da ANPA: www.anpajaviersensat.blogspot.com.es.


  • Esperamos que esta información, aínda que longa, sexa de proveito e recomendamos gardala porque ten información que pode ser útil ó longo de todo o curso. Graciñas.

  1. Un saúdo!!! A.N.P.A