luns, 24 de febreiro de 2014

domingo, 23 de febreiro de 2014

Receta para estas festas




OURELLAS  DE ENTROIDO 

800 GR. DE FARIÑA
2 OVOS
100 GR. MANTEIGA
1 COPA DE ANÍS (OU ESENCIA) 
SAL
UNHA CUCHARADA SOPERA CHEA  DE LEVADURA EN POLVO
UN VASO DE AUGA MORNA
ESPOLVOREAR ZUCRE MOIDO OU GLÁSS.

 
MODO PREPARACIÓN

Derrétese a manteiga e se engade a auga morna e un chisco de sal. Incorpóraselle unha copa de anís, ou unas gotas de esencia. Bátense os ovos e se engaden. Mixtúrase a fariña coa levadura, e facendo un burato no medio, bótase a mixtura anterior.

Traballarase ben a masa. Se queda moi pegada, vaise soltando engadindo máis fariña ata conseguir unha masa ben blanda. Dáselle a forma de “bolo” e déixase “levedar” de 15-25 minutos. 

Unha vez transcorrido o tempo, úntase a meseta da cociña con aceite, onde iranse estirando cunha botella (mellor que cun rodillo) os pequenos trozos que, previamente convertemos en boliñas, estiramos dando forma de rectángulos. Póñense a freír en aceite ben quente e abundante. 

venres, 14 de febreiro de 2014

Máis Talleres para o Entroido

Temos máis propostas de talleres para o Entroido así que actualizamos o enlace da primeira entrada para que teñades toda a información.

xoves, 13 de febreiro de 2014

Resumen acordos asemblea ANPA



Nos próximos días recibiremos esta circular, cuxo texto publicamos aquí tamén, para a vosa consulta:
 
 
 
Estimadas familias:
Enviámosvos esta nova circular para mantervos informad@s das seguintes cuestións:
 
1.       Tal como se comentou  na Asemblea do martes, 4 de Febreiro, as próximas datas para  eleccións de cara á renovación do Equipo Directivo da ANPA serán:  
-          6  e 7  de Marzo, recolleranse no local da ANPA as candidaturas; nestas, como mínimo,  debería aparecer o  nome d@ presidente/a  pero é recomendable que a lista vaia acompañada polo equipo que vai a acompañar ó/á presidente/a e que van a formar conxuntamente o Equipo Directivo da ANPA.
-          28 de marzo,  votación no local da ANPA, horario de 8:45 a 9:30h e de 16:00 a 18:00h.
2.       En dita Asemblea, acordouse presentar a carta - sen modificacións- redactada solicitando á dirección do centro e os  seus mestr@s unha revisión dos libros de texto polo seu elevado coste. Entregada en rexistro do centro con data 10/02/2014. Enviouse copia a FOANPAS.
3.       Acordouse tamén continuar coa organización da Carreira en Familia, fotos/orla, Campamento de Semana Santa e Verán. Recordámosvos que quen teña fotos da carreira do curso pasado nolas faga chegar.
4.       O Concello de Vigo xunto coas  asociacións deportivas e FOANPAS, están organizando “ A Liga de Natación Escolar”. As datas de competición son : 09/03, 27/04 y 08/06,  na sede da  piscina do Pavillón do  Carmen ( Traviesas).
Hai dúas categorías (1: 2006-2008; 2: 2002-2005) con dúas probas: 25 m. libres e 25 m. costa. Toda a información detallada, poderela atopar no blog: anpajaviersensat.blogspot.com.es; no taboleiro da entrada do cole e/ou pedir copia no local da ANPA.
@s interesad@s deixar: nome, apelidos, curso e teléfono no local da ANPA,   deixando recado no buzón do teléfono ou no buzón da entrada ó local.
Para poder tramitar con tempo a solicitude do CEIP Javier Sensat, tendes como data tope o 19 de febrero.
         
 
 
Sen máis novidades, polo momento, un saúdo cordial a tod@s e a seguir disfrutando da choiva!
 

En Vigo, a 13 de febreiro de 2014
 

ANPA

Talleres para o Entroido


Xa estamos en tempo de Entroido, así que vos imos informando das diversas propostas que chegan ao ANPA para celebralo con nosos peques.

Estes son os enlaces

mércores, 12 de febreiro de 2014

Liga de Natación Escolar Concello de Vigo


  Chéganos desde FOANPAS esta proposta da Concellería de Deportes do Concello de Vigo que está a desenvolver a Liga de Natación Escolar Concello de Vigo orientada a nenos e nenas de educación primaria da cidade de Vigo, e enfocada básicamente ó fomento e promoción da práctica da natación entrea poboación escolar.

  Esta Liga de Natación Escolar Concello de Vigo está orientada a todos/as aqueles/as nadadores/as de educación primaria matriculados/as nos colexios de Vigo, que ao longo da tempada 2013/14 estean matriculados no programa de natación ofertado polo Concello de Vigo, o IMD ou participen en cursos de natación a través das ANPAS.
 
Deixámovos os enlaces cos documentos de inscrición e máis información
 

domingo, 2 de febreiro de 2014

Convivencia organizada por FOANPAS


Estimados compañeiros:

   A Xunta Directiva está organizando para o vindeiro mes de marzo, o días 14, 15 e 16, unha Convivencia de Anpas  e familias dos centros escolares en Quinta de Pentieiros (Ponte de Lima – Portugal).

   Axuntamos os prezos e a información das actividades a realizar, tedes que levar tenda ou reservar praza no albergue.

Esta é unha oportunidade para que as familias de Vigo, poidamos convivir dun xeito relaxado e coñecer a realidade dos nosos centros.