martes, 20 de outubro de 2015

SAMAÍN 2015


Ademáis para facilitar a vida laboral e que @s nen@s estén entretidos o 30 de outubro, vos facemos chegar unha propósta divertida e accesible para todos:

Ludoteca  en horario de 8.30 a 14:00, tod@s @s interesad@s terán  cubrir a inscripción e entregala no buzón da anpa antes do día 23 de outubro.

As actividades a realizar son:
----Obradoiros de manualidades.
----Obradoiros de lectura, escritura e pintura.
----Xogos varios.


xoves, 1 de outubro de 2015

Obradoiros gratuitos na Casa das Mulleres


A Concellería de Igualdade lembra que está aberto o prazo de inscrición para os seguintes obradoiros gratuítos que se impartirán na Casa das Mulleres.
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo e que non realizaran con anterioridade esta formación

Inscrición previa ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade. 1ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h ou ben a través do tlfno 986 810 284, en horario de 8:00 a 15:00h.


Obradoiro: “A RISOTERAPIA PARA MELLORAR A NOSA CALIDADE DE VIDA”
Período e horarios:os martes desde o 6 de outubro ata o 15 de decembro, de 10:00 a 12:00 h.

Obradoiro:  “ A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES: CLAVES PARA O EMPODERAMENTO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES ”

Dirixido a homes e mulleres maiores de 18 anos.

Obxectivos: Analizar a orixe e as consecuencias das desigualdades existentes entre homes e mulleres. Definir a autoestima e o atoconcepto, analizando como o xénero inflúe na formación do noso autoconcepto e interfire na autoestima das mulleres. Fomentar a Participación socio-política das mulleres: o empoderamento.


Período e horarios: os xoves desde o 8 de outubro ata o 26 de novembro, de 18:00h a 20:30 h.”