Dende a ANPA, invitámosvos
a todas as familias do colexio a participar nun novo acto reivindicativo.
Seguimos a esixir á Xunta que volvamos
ao “Sistema Universal e Gratuito de Préstamo de Libros”. O martes 16 de Xuño de
16:00 a 17:30, queremos facer unha cadea de libros de texto que saia dos
Volcáns da Avda. Castelao e chegue ata á Rotonda do Illas Cíes. Pedímosvos a
vosa colaboración para facer unha cadea longuísima, non vos esquezades de traer
libros de texto. Poderemos así amosar o gasto innecesario (tanto económico como ecolóxico) que é a compra de
novos libros. Haberá máis coles do barrio que participarán nesta cadea. Un
saúdo.
martes, 16 de xuño de 2015
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2015-2016
Durante estes días podéis facer unha preinscrición nas actividades do vindeiro curso.
Ainda que podedes anotar aos nenos en Setembro, terán preferencia os que se anoten no mes de Xuño. Sa que algunhas actividades teñen límite de prazas, irán por orde de inscrición e asinaráselle un número de entrada a cada solicitude.
Debedes entregar unha solicitude por neno/a.
Podedes descargar o documento no seguinte ENLACE
INFORMACIÓN SOBRE AS ACTIVIDADES
mércores, 10 de xuño de 2015
luns, 8 de xuño de 2015
martes, 2 de xuño de 2015
Participa no proxecto da Arte na Escola
Estimados pais e nais:
Seguindo o proxecto escolar sobre A Arte, dende ANPA estamos a decorar o muro de infantil do areeiro.
Convidámosvos a ver cos vosos peques a 1ª fase do diseño do murale preparándonos a participar no pintado esta semán que entra.
Gustaríanos que os/as peques fosen partícipes, creando compañerismo e ilusión nesta obra de arte, e coa vosa axuda, embelezcamos un lugar importante dos nosos nenos e nenas.
As datas de colaboración o ratiño que poidades serán de, mércores 3, xoves 4 e luns 8, a partires das 17.00h,
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)