domingo, 8 de setembro de 2024

NOVO CURSO 2024/2025

Benvidos ao curso 2024/2025


A directiva da ANPA o Castañal, do CEIP Javier Sensat davos a benvida a este novo curso.

Unha ANPA (Asociación de pais e nais de alumnas/os) é o órgano de representación das familias na escola, e posibilita a participación na xestión e o modelo educativo da mesma. É a vía que temos para tomar decisións en torno ao que desexamos que sexa a educación dos nosos fill@s.

A ANPA O Castañal xestiona as actividades extraescolares do centro, o servizo de aula matinal, o servizo de comedor, a axenda escolar, un banco de libros complementario, carnet de socio, festas de Samaín, Nadal, entroido, fin de curso e actividades de convivencia como a Carreira en familia ou Acampada en familia,...

A ANPA está constituida por pais e nais que traballan voluntaria e desinteresadamente para tod@s.

A nosa escola é unha pequena familia, accesible, manexable, abarcable. Existen moitas formas de participación, e non todas son presenciais ou constantes. Participar un pouco cada un será un moito para todos. Necesitamos o voso apoio, a través da vosa asistencia ás reunións da ANPA, as vosas opinións para levar a cabo novas iniciativas. Estas accións son a base para realizar novas propostas á Dirección do Centro.

A continuación informámosvos das actividades que se fan a través da Anpa e das normas de uso dos servizos.

Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto coa Anpa:

A través do correo electrónico anpaj.sensat@gmail.com ou anpa.sensat.actividades@gmail.com (para calquera dúbida sobre actividades)

Deixando mensaxe no teléfono da Anpa: 660 203 932 (vos devolveremos a chamada en canto poidamos)

No local da Anpa de 9:00 a 9:30 - 2 días á semana, que aínda están pendientes de confirmación.


Propuesta de actividades extraescolares 2024/2025

Informamos de la propuesta de actividades extraescolares para este curso. 


A partir del lunes 2 de septiembre, enviaremos por los grupos habituales de contacto el formulario para poder anotar a los/las niños/as.

Saludos