luns, 18 de decembro de 2023

venres, 25 de agosto de 2023

NOVO CURSO 2023/2024

Estimadas familias:

A directiva da ANPA o Castañal, do CEIP Javier Sensat davos a benvida a este novo curso.

Unha ANPA (Asociación de pais e nais de alumnas/os) é o órgano de representación das familias na escola, e posibilita a participación na xestión e o modelo educativo da mesma. É a vía que temos para tomar decisións en torno ao que desexamos que sexa a educación dos nosos fill@s. A ANPA O Castañal xestiona as actividades extraescolares do centro, o servizo de aula matinal, o servizo de comedor, a axenda escolar, un banco de libros complementario, carnet de socio, festas de Samaín, Nadal, entroido, fin de curso e actividades de convivencia como a Carreira en familia ou Acampada en familia,... A ANPA está constituida por pais e nais que traballan voluntaria e desinteresadamente para tod@s.

A nosa escola é unha pequena familia, accesible, manexable, abarcable. Existen moitas formas de participación, e non todas son presenciais ou constantes. Participar un pouco cada un será un moito para todos. Necesitamos o voso apoio, a través da vosa asistencia ás reunións da ANPA, as vosas opinións e os vosos votos para levar a cabo novas iniciativas. Estas accións son a base para realizar novas propostas á Dirección do Centro.

A continuación informámosvos das actividades que se fan a través da Anpa e das normas de uso dos servizos.
Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto coa Anpa:
A través do correo electrónico
anpaj.sensat@gmail.com ou anpa.sensat.actividades@gmail.com (para calquera dúbida sobre actividades)

Deixando mensaxe no teléfono da Anpa: 660 203 932 (vos devolveremos a chamada en canto poidamos) No local da Anpa de 9:00 a 9:30 2 días á semana, que aínda están pendientes de confirmación.

COTA ANPA :

Para facer uso das actividades organizadas pola ANPA é preciso ser socio da ANPA e ter pagada a cota anual. Esta será de 25 euros/familia e curso escolar. A directiva tomou a decisión de facer esta suba por mor da suba xeneralizada de tódalas actividades que acomete. Débese facer o ingreso antes do 25-09-2023. Os nenos que non teñan pagada a cota da anpa non poderán facer uso das actividades extraescolares nin do comedor en outubro (exceptuando becados do concello e as familias dos nenos de 3 anos):

No de conta: ES51 2080 5016 0230 4000 4123

A inscripción farase a través do formulario de google que se adxuntará ao envío desta nota informativa.

CARNET ANPA: Ao cumplimentar a solicitude de inscripción na ANPA recibiredes automáticamente un xustificante que vos permitirá desfrutar de descontos en diferentes empresas coas que a anpa se puxo en contacto. Este xustificante irá acompañado dun enlace cos descontos e nomes das empresas que colaboran con nos. Se sabedes de algunha empresa que queira facer algún tipo de desconto os socios da anpa poñédevos en contacto con nos no correo.


COMEDOR ESCOLAR:

É o propio cátering ARELAS quen se encarga da xestión administrativa do comedor (inscricións, pagos, altas e baixas,...) Os interesados debederedes cubrir a ficha de inscrición:

http://cateringarelas.com/wp-content/uploads/2022/07Mod.1336-Ficha-inscripcion-COMEDOR.pdf e enviala por mail a calidad@arelas.es

Días por semana  - Prezo

 - 87,50

4 - 70,00€ 

3 - 52.50

2 - 35,00€ 

1 - 17,50€ 

Esporádicos 6,00/menú

Esta cuota calcúlase contando todos os días lectivos e dividindo entre as dez mensualidades. Emitirase un recibo dentro dos primeiros 30 días do mes. No caso de devolución do recibo, deberase aboar 5 euros en concepto de gastos de devolución. No caso de non resolver o impago nos 15 días naturais dende a notificación, cursarase a baixa no servizo.

Calquera cambio na asistencia debe notificarse no teléfono 986 40 81 51 ou no mail: calidad@arelas.es antes das 8.00h do mesmo día. A partires do 5o día consecutivo de ausencia farase o desconto correspondente. Na páxina web do catering (http://cateringarelas.com/) poderedes consultar os menús mensuais. 


AULA MATINAL: Para facer uso deste servizo debe encherse o formulario de Google que se adxunta no que se inclúa o número de conta e que autorice a domiciliación

Neste curso continuamos con este servizo con Mulleres Progresistas e establécense tres franxas horarias:

  • -  De 7:45h a 8:50h: 37/mes. (Traerían tupper co almorzo)

  • -  De 8:00h a 8:50h: 28,50/mes.

  • -  De 8:30h a 8:50h: 15/mes.

  • -  Esporádicos: 2,50 /día.

  • -  Espóradicos + tupper: 3,50/día.

    Todol@s alumn@s que precisen estar no Centro entre as 07:45h e as 08:50h deben facer uso deste servizo por unha disposición da Xunta, polo que se acceden ao colexio antes das 8.50h deberán ter pagada a aula matinal.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: Xa debestes recibir un primer comunicado a través dos grupos de WhastApp dos diferentes cursos nos que se busca sondear un pouco o interese/necesidade das actividades que tradicionalmente se viñan levando a cabo no centro. Agradecemos a participación neste sondeo para eliminar ou cambiar as que menos aceptación teñan e tratar de buscar algunhas que resulten máis interesantes. Se alguén non recibiu dita notificación, que contacte coa ANPA e llela enviaremos novamente.


CUMPREANOS: Está permitido a celebración de festas de cumpreanos dos alumnos de infantil e primeiro ciclo de primaria (ata 3o curso incluído) do Centro nas instalacións do colexio nos seguintes horarios:

Tardes: De 16:30 a 20:00
Mañás de días non lectivos: De 10:30 a 14:00

Para celebrar os cumpres no cole deberedes contactar coa ANPA vía email para reservar a data e cubrir e asinar unha circular na que aparecen as normas dos cumpres e a aceptación da responsabilidade.

A cota é de 35,00 € e cubre a limpieza dos espazos utilizados (comedor e aseos)
No Conta: ES51 2080 5016 0230 4000 4123. Indicando en concepto CUMPREANOS + NOME ALUMNO e 
curso

Prégase que se devolva todo o mobiliario utilizado ao seu sitio, e se deixe todo nas mellores condicións posibles, pois ao seguinte día de uso, precisan atopar todo en orde para o servizo de aula matinal.

PISTAS DE TENIS: Está permitido o uso das pistas de tenis do Centro, para o que se deberá reservar a través do cuestionario de google: XXXXXX coa debida antelación. 


  • VARIOS:

    Continuaremos organizando: Festas nas datas máis sinaladas, Carreira en Familia, fotos/orla, Campamento de Semana Santa e Campamento de Verán, Festa de Nadal, entroido...

  • ●  Durante o curso enviaremos a información a través do grupo de difusión da Anpa e do blogue. Os que non queiran estar nos grupos de difusión deberán fixarse no blogue.

  • ●  BLOGUE da ANPA: www.anpajaviersensat.blogspot.com.es.


  • Esperamos que esta información, aínda que longa, sexa de proveito e recomendamos gardala porque ten información que pode ser útil ó longo de todo o curso. Graciñas.

  1. Un saúdo!!! A.N.P.A



mércores, 21 de xuño de 2023

CELEBRACIÓN 50 anos Educando a carón do mar

Este ano celebramos os 50 anos do centro educativo CEIP JAVIER SENSAT

Cun completo programa de actividades estiveron convidados antigos/as alumnos/as e a comunidade educativa que forma e formou parte desta gran familia.















Rematadas as visitas institucionais e tras o encontro de familiares e amigos os rapaces puideron gozar de divertidos xogos no patio





luns, 24 de abril de 2023

PISTA DE TENIS CEIP JAVIER SENSAT

 PISTA DE TENIS CEIP JAVIER SENSAT

NORMAS:
SOLICITUDE: Envio deste formulario ao correo electrónico da Anpa (anpaj.sensat@gmail.com ). Contestarase tras comprobar a dispoñibilidade. No caso de existir moita demanda, establecerase un máximo de dúas solicitudes ao mes por familia.
USO: só para fins de semana ou festivos. A solicitude será de dúas horas, dende a hora elexida no formulario.
CHAVES: Recolleranse no local da ANPA (luns-mércores-venres de 9h a 9.20h). Devolveranse no seguinte día lectivo no buzón da Anpa.
NON se pode levar animais. 
NON se pode levar bicis, patinetes, skates..... etc

Acceso ao formulario:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfj7_PRgBfdEXcVe5-kYhNvik45cKNbXadbl1vk4IvtZ0hSgw/viewform?vc=0&c=0&w=1&flr=0










XII CARRERA EN FAMILIA CEIP “JAVIER SENSAT”

El AMPA del C.E.I.P Javier Sensat tiene el honor de organizar por décimo año consecutivo una carrera no competitiva el sábado día 6 de mayo de 2023, invitando a todo el alumnado, exalumnado, padres, madres, tutores y profesorado a participar.

Esta carrera tiene como objetivo promocionar el deporte en familia y pasar una mañana practicando atletismo dentro de la comunidad educativa. 
Al finalizar se harán entregas  de medallas a todo asistente y se realizarán sorteos de regalos. 
Adjuntamos cartel informativo con el programa.
Os esperamos…..
ANPA O CASTAÑAL



martes, 21 de marzo de 2023

SEGUNDA XORNADA - LIGA DE NATACIÓN ESCOLAR CONCELLO DE VIGO

Todo un éxito, la segunda Jornada de la Liga de natación escolar Concello de Vigo, celebrada el domingo 5 de marzo en la piscina municipal del Carmen. Participaron 370 escolares de 24 centros.


 

A nuestro cole lo representaron: 

Alejandro Castiñeira (1º primaria) 

Gael López(1º primaria) 

Cíes Pereira (3º Primaria) 

India González (3º Primaria) 

Daniel López (3º Primaria) 

Andrés Pereira (6º Primaria) 

Elsa Oliveros (6º Primaria) 

Irene Oliveros (6º Primaria) 

Carlos Vallejo (6º Primaria) 

Estos nadadores/as compitieron con muchas ganas pero sobre todo pasaron un rato divertido animando a todos/as. 



¡Próxima y ÚLTIMA cita: el 23 de ABRIL!

mércores, 15 de marzo de 2023

IMPORTANTE: ASAMBLEA ORDINARIA NAIS E PAIS DO CEIP JAVIER SENSAT



EXTRAESCOLARES


Recordámosvos que hai actividades dirixidas soamente a alumnos de infantil (Multideporte e Inglés) e actividades so para primaria (Xadrez, Acrobática, Robótica e Surf), así como as actividades de Taewkondo e Patinaxe nas que se poden inscribir os alumnos a partir de catro anos.

Os profesores de cada actividade informarán de todo aquelo relacionado co desenvolvemento de cada unha delas, así como a forma de pago.

Mais información: 
anpa.sensat.actividades@gmail.com









Certamen escolar “Tod@s somos Científic@s”

 Apadrina la Ciencia organiza, en colaboración con Merck, la tercera edición del certamen escolar “Tod@s somos Científic@s” que tan excelente acogida tuvo el curso pasado.



DESAFÓGATE. Unha aventura acuática

DESAFÓGATE. Unha aventura acuática

A Vicerreitoría deExtensión Universitaria da Universidade de Vigo presenta a actividadefamiliar “Desafógate. Unha aventura acuática”dirixida a nenos e nenas con idades entre 5e 8anos.A actividade consta de dúas partes,unha obra de teatro interpretada por Raquel Queizás e un obradoiro de reanimación cardiopulmonar (RCP básica)no se que amosarán as técnicas básicas que poden salvar vidas.Esta actividadefamiliarfomenta a prevencióndo afogamentoinfantile as condutas seguras no medio acuático (tanto en piscinas como en ríos ou praias). 

Asemade sensibilizaás familias do bo uso dos espazos destinados ao baño.A actividade é de balde. A reserva de entradas farase a través da web:https://corresponsablesuvigo.es

Trátase dunha obra de monicreques interpretada por Raquel Queizás sobre a prevención do afogamento e as condutas seguras no medio acuático.








Acto seguido, realizarase un obradoiro de Reanimación caridopulmonar, onde aprenderán os conceptos básicos sobre esta manobra. Para rematar, levaranse un libro de agasallo que continua a historia do monicreque Lis.


mércores, 8 de marzo de 2023

MUSEO LISTE. XI CONCURSO DE RELATOS

 


RETO CEIP VALLE INCLÁN

 #OBXECTIVO21DEMARZO

A comunidade educativa do CEIP Valle Inclán de Vigo, comprométese a asumir o legado de Judith Scott como defensora da arte en prol da gratitude para con aquelas persoas que, salvando as súas propias  dificultades, adican a súa vida a crear universos paralelos, distintos e orixinais e nos agasallan con creacións extraordinarias e unicas, cheas de talento, esforzo e humanidade.

Como comunidade custodia da equidade e coa finalidade de promover a democracia, defender os dereitos humanos e garantir a igualdade entre persoas, indistintamente das súas necesidades e dificultades, comprometémonos a ser unha “comunidade mecea”, convertíndonos en doadores de becas artísticas na FUNDACIÓN IGUALARTE para aqueles e aquelas que máis o precisen.

Para elo queremos elaborar mil obras de arte usando a técnica empregada por esta artista, aceptados o reto?

Precisamos a colaboración de toda a COMUNIDADE EDUCATIVA. Facédenos chegar as vosas esculturas. Podedes elaboralas na casa, en familia, con amigos, etc.

Para máis INFORMACIÓN: https://convivenciavalleinclan.blogspot.com/

Se a túa entidade quere participar, fai chegar ao CEIP Valle Inclán (Av. do Alcalde de Lavadores, 16, 36214 Vigo, Pontevedra) as vosas obras! A túa aportación é IMPRESCINDIBLE!

Gracias!!

CALENDARIO ESCOLAR

INICIO CURSO 2023/2024, 11 septiembre de 2023.

Calendario escolar Galicia 2022/2023




COMEDOR ESCOLAR

É o propio cátering ARELAS quen se encarga da xestión administrativa do comedor (inscricións, pagos, altas e baixas,...) Os interesados debederedes cubrir a ficha de inscrición:

http://cateringarelas.com/wp-content/uploads/2022/07Mod.1336-Ficha-inscripcion-COMEDOR.pdf e enviala por mail a calidad@arelas.es

Días por semana  - Prezo

 -     87,50

4 -     70,00€ 

3 -     52.50

2 -     35,00€ 

1 -     17,50€ 

Esporádicos 6,00/menú


Esta cuota calcúlase contando todos os días lectivos e dividindo entre as dez mensualidades. Emitirase un recibo dentro dos primeiros 30 días do mes. No caso de devolución do recibo, deberase aboar 5 euros en concepto de gastos de devolución. No caso de non resolver o impago nos 15 días naturais dende a notificación, cursarase a baixa no servizo.

Calquera cambio na asistencia debe notificarse no teléfono 986 40 81 51 ou no mail: calidad@arelas.es antes das 8.00h do mesmo día. A partires do 5o día consecutivo de ausencia farase o desconto correspondente. Na páxina web do catering (http://cateringarelas.com/) poderedes consultar os menús mensuais. 






luns, 27 de febreiro de 2023

ENTROIDO 2023

O pasado 17 de febreiro celebramos xuntos o entroido no cole. 

Tivemos concurso de disfraces e merenda comunitaria.

Aqui vos deixamos algunhas fotos...