Co comezo de
curso, como xa vos comentabamos na
circular de presentación da ANPA,
hai que poñer en marcha moitos
proxectos, iniciativas, tomar decisións, chegar a acordos,… Polo tanto, convocámosvos
á primeira asemblea de nais e pais do curso 2015/2016 para informarvos das
novidades, presentarvos propostas e tomar decisións que repercutan na boa
marcha da xestión da ANPA e, polo tanto, que redunde así nunha mellor calidade de atención
ós nosos fillos e fillas.
DATA:
|
8 DE OUTUBRO, XOVES
|
HORA:
|
18:00 HORAS
|
LUGAR:
|
SALON DE ACTOS DO COLE
|
ORDE DO DÍA:
|
ü
Avaliación
e información das actividades organizadas pola ANPA:
Aula
Matinal, Comedor, Actividades extraescolares, Carreira en Familia,
Campamentos de Semana Santa e verán.
ü
Cambio
de seguro responsabilidade civil.
ü
Cambio
xunta directiva.
ü
Libros
de texto.
ü
Novas
propostas de actividades a desenvolver.
ü
Rogos
e preguntas.
|
Animádevos a participar!!!! Recordade que tódalas decisións que se tomen na mesma son vinculantes e influirán no desenvolvemento deste curso escolar.