A Concellería de Igualdade lembra que está aberto o prazo de
inscrición para os seguintes obradoiros gratuítos que se impartirán na Casa das
Mulleres.
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.
Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo e que non realizaran con
anterioridade esta formación
Inscrición previa ata cubrir prazas na Concellería de
Igualdade. 1ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h ou ben a través do
tlfno 986 810 284, en horario de 8:00 a 15:00h.
Obradoiro: “A RISOTERAPIA PARA MELLORAR A NOSA CALIDADE DE
VIDA”
Período e horarios:os martes desde o 6 de outubro ata o 15
de decembro, de 10:00 a 12:00 h.
Obradoiro: “ A
IGUALDADE DE OPORTUNIDADES: CLAVES PARA O EMPODERAMENTO E A PARTICIPACIÓN DAS
MULLERES ”
Dirixido a homes e mulleres maiores de 18 anos.
Obxectivos: Analizar a orixe e as consecuencias das
desigualdades existentes entre homes e mulleres. Definir a autoestima e o
atoconcepto, analizando como o xénero inflúe na formación do noso autoconcepto
e interfire na autoestima das mulleres. Fomentar a Participación socio-política
das mulleres: o empoderamento.
Período e horarios: os xoves desde o 8 de outubro ata o 26
de novembro, de 18:00h a 20:30 h.”