mércores, 30 de outubro de 2013
Circulares
Asamblea 8 Outubro 2013
Convocatoria asemblea 6 Outubr 2014
Nota informativa 17 noviembre
domingo, 20 de outubro de 2013
Convocatoria de folga
O ANPA do colexio Javier Sensat informa e apoia a Convocatoria de folga convocada por la Plataforma en Defensa do Ensino Público para o xoves día 24 de outubro contra a aplicación da Nova Lei de Educación LOMCE e contra os recortes en materia educativa na Educación Pública. As familias que queiran secundar a folga, pregamos non envíen ós nenos e nenas á escola ese día. Os alumnos e alumnas que acudan ao centro, poderán facelo, xa que se respectarán os servizos mínimos. Tamén teremos servizo de Aula Matinal e comedor. Aínda non se sabe se as actividades extraescolares serán suspendidas (porase unha nota no taboleiro da entrada e na fiestra do local da ANPA para confirmalo).
sábado, 19 de outubro de 2013
Programación de Actividades Extraescolares curso 2014-2015
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2014-15
CONTACTO ANPA

Podes contactar coa ANPA:
Teléfono da ANPA: 660203932
Deixando mensaxe no teléfono da Anpa: 660 203 932 (vos devolveremos a chamada en canto poidamos) No local da Anpa de 9:00 a 9:30 2 días á semana, que aínda están pendientes de confirmación.
COTA ANPA :
Para facer uso das actividades organizadas pola ANPA é preciso ser socio da ANPA e ter pagada a cota anual. Esta será de 25 euros/familia e curso escolar.
Débese facer o ingreso antes do 25-09-2024. Os nenos que non teñan pagada a cota da anpa non poderán facer uso das actividades extraescolares nin do comedor (exceptuando becados do concello e as familias dos nenos de 3 anos):
Nº de conta: OLLO NON È O MESMO QUE os ANOS ANTERIORES
SANTANDER: ES84 0049 0170 5422 1029 4031
Xunto co pago da cota cubrirase un formulario de google que se enviará polos grupos para poder obter o carnet de Soci@.
Ao cumplimentar o formulario de soci@ da ANPA recibiredes automáticamente un xustificante familiar que vos permitirá desfrutar de descontos en diferentes empresas coas que a anpa se puso en contacto. Este xustificante irá acompañado dun enlace ( ao final do xustificante ) cos descontos e nomes das empresas que colaboran con nos.






