domingo, 20 de outubro de 2013

Convocatoria de folga

  O ANPA do colexio Javier Sensat informa e apoia a Convocatoria de folga convocada por la Plataforma en Defensa do Ensino Público para o xoves día 24 de outubro contra a aplicación da Nova Lei de Educación LOMCE  e contra os recortes en materia educativa na Educación Pública. As familias que queiran secundar a folga, pregamos non envíen ós nenos e nenas á escola ese día.
     
     
     
      Os alumnos e alumnas que acudan ao centro, poderán facelo, xa que se respectarán os servizos mínimos. Tamén teremos servizo de Aula Matinal e comedor. Aínda non se sabe se as actividades extraescolares serán suspendidas (porase unha nota no taboleiro da entrada e na fiestra do local da ANPA  para confirmalo).

      Para poder facer as previsións de comedor dese día, se os que estades apuntados, non ides acudir á escola,  comunicádeo no local da ANPA persoalmente, mediante recado no contestador ou deixando un papel no buzón ANTES do día 21 de outubro ás 16h, descontarásevos  ese día no recibo de novembro
      Tamén recordar a manifestación convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino público: Xoves, 24 de outubro ás 11.30h dende a Praza de España ata a Porta do Sol; e  a Manifestación convocada pola Plataforma en Defensa do Ensino público: Xoves, 24 de outubro ás 19.30h  dende Vía Norte.

     Ademais, recordarvos que o próximo 31 de outubro é o Día do Ensino, día non lectivo (devolverase tamén a cota de comedor dese día, no recibo de novembro, ós que estades fixos os xoves).