mércores, 30 de abril de 2014

Horarios baloncesto venres 2 de Maio e novas do Club

 
Este venres 2 de Maio ainda que non haxa cole, si que hai Liga de Baloncesto con estos horarios:
 
 


Ademáis, o Club Seis do Nadal, ao que pertencen os nosos equipos, envíanos os seguintes eventos para que aos que vos guste o baloncesto poidades participar, e de paso animar ao baloncesto de base.

ÚLTIMO PARTIDO DO SENIOR DE PRIMEIRA DIVISIÓN EN NAVIA - SÁBADO ÁS 20H: CB SEIS DO NADAL-COIA VS CB NOIA ‏
Co ascenso a Liga EBA no peto, o Senior Masculino xógase este sábado ás 20h., no Pavillón de Navia, o campionato de Liga. Para poder quedar campións o noso equipo ten que gañar o CB Noia e agardar a derrota do Básquet Coruña. Por iso sodes necesarios todos vos, a vosa presenza no partido deste sábado contra o CB Noia será o último empurrón da tempada. Ao final do encontro todos os presentes, xogadores e familiares, poderán baixar a pista sacar unha foto co noso equipo.


INVITACIÓN ÁS CLAUSURAS DO 14º TORNEO DE MINIBÁSQUET 2014 ''COIA, NÚCLEO DO BALONCESTO EN VIGO'' - XOVES 1 E DOMINGO 4 DE MAIO ‏
Descargar CARTEL Torneo Minibasquet 2014 GIF.gif (354,8 kB)
Clausuras e ás Entregas de Premios do
14º Torneo de Minibásquet 2014 ''Coia, núcleo do baloncesto en Vigo'', que terá lugar os vindeiros
xoves 1 e domingo 4 de maio do 2014
a partir das 20:30 horas no Pavillón de Navia.