martes, 21 de outubro de 2014

Manifestación contra a LOMCE


O Sindicato de Estudantes ten convocadas tres xornadas de folga de estudantes no ensino (hoxe 21, mañá 22 e xoves 23) para protestar contra a LOMCE e o Ministro Wert.

Dende o sindicato pediron a nosa colaboración e apoio a esta folga. A Xunta Directiva de FOANPAS, na xuntanza de onte valorou a información proporcionada dende o sindicato en relación a esta folga e acordou que non se está de acordo cunha folga de tres días pero si se participará na manifestación por ser en contra da LOMCE.

Esta manifestación sairá mañá mércores 22 de outubro da Praza América ás 12:00 horas.