venres, 24 de abril de 2015

Obradoiro "PAUTAS PARA EXERCITAR E MELLORAR A AUTOESTIMA"

A Concellería de Igualdade abre mañá o prazo de inscrición para participar no Obradoiro "PAUTAS PARA EXERCITAR E MELLORAR A AUTOESTIMA"  que ten carácter gratuíto e impartirase na Casa das Mulleres.
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. 
Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo e aquelas que non realizasen dito obradoiro con anterioridade.
Inscrición previa desde o venres 17 de abril e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:30 a 15:00 h.
Dirixido a: mulleres maiores de 18 anos.

Obxectivo
: favorecer distintas pautas, hábitos e desenvolvemento de habilidades que favorezan a mellora da autoestima das mulleres.

Periodo e horario: os xoves desde o 7 de maio ao  25 de xuño de 10:00 a 12:30 horas
O desenvolvemento do programa constará de 20 horas, distribuídas en 8 sesiones.

Lugar de realización: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20