martes, 16 de xuño de 2015

Cadea de libros

Dende a ANPA,  invitámosvos a todas as familias do colexio a participar nun novo acto reivindicativo. Seguimos a esixir á Xunta que volvamos ao “Sistema Universal e Gratuito de Préstamo de Libros”. O martes 16 de Xuño de 16:00 a 17:30, queremos facer unha cadea de libros de texto que saia dos Volcáns da Avda. Castelao e chegue ata á Rotonda do Illas Cíes. Pedímosvos a vosa colaboración para facer unha cadea longuísima, non vos esquezades de traer libros de texto. Poderemos así amosar o gasto innecesario (tanto  económico como ecolóxico) que é a compra de novos libros. Haberá máis coles do barrio que participarán nesta cadea. Un saúdo.