mércores, 30 de setembro de 2015

Primeira asemblea do ANPA curso 2015-16

Co comezo de curso, como xa vos comentabamos na  circular de presentación da ANPA,  hai que poñer en marcha  moitos proxectos, iniciativas, tomar decisións, chegar a acordos,… Polo tanto, convocámosvos á primeira asemblea de nais e pais do curso 2015/2016 para informarvos das novidades, presentarvos propostas e tomar decisións que repercutan na boa marcha da xestión da ANPA e, polo tanto, que redunde así  nunha mellor calidade  de atención  ós nosos fillos e fillas.

DATA:
8 DE OUTUBRO, XOVES
HORA:
18:00 HORAS
LUGAR:
SALON DE ACTOS DO COLE
ORDE DO DÍA:
ü   Avaliación e información das actividades organizadas pola ANPA:
 Aula Matinal, Comedor, Actividades extraescolares, Carreira en Familia, Campamentos de Semana Santa e verán.
ü   Cambio de seguro responsabilidade civil.
ü   Cambio xunta directiva.
ü   Libros de texto.
ü   Novas propostas de actividades a desenvolver.
ü   Rogos e preguntas.

Animádevos a participar!!!!  Recordade que tódalas decisións que  se tomen na mesma son vinculantes e influirán no desenvolvemento deste curso escolar.