domingo, 24 de xaneiro de 2016

CAMPAMENTO ENTROIDO “OGMIOS GALICIA”

  Para facilitar a vida laboral e que @s nen@s estén entretidos este Entroido, facémosvos chegar unha proposta divertida e accesible para todos que nos oferta a empresa OGMIOS, Xestión de Servizos. 

Campamento  en horario de 8.30 a 14:00, os días 8,9 e 10 de Febreiro.   

Levarase a cabo sempre que haxa un mínimo de 10 nen@s. 

Como novidade incorporamos o Servicio Tupper de 14:00 a 16:00, por se alguén o necesitase ( @s nen@s traerían das súas casas a comida e se lles quentaría no comedor estando atendid@s esas dúas horas por persoal educativo).