venres, 12 de febreiro de 2016

Propuestas desde FOANPAS





FOANPAS en colaboración con RAMALLADAS e a través do Concello de Vigo, están a desenvolver un programa de intervención dirixido a alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE).
É unha terapia asistida con cans de 11 meses de duración (de febreiro ata decembro) na que se fixan obxectivos específicos para cada neno/a.
Estes traballaranse en sesións de 20 minutos, nos que o/a neno/a estará coa terapeuta e o can a soas.
O prazo de solicitude péchase o 29 de febreiro de 2016.
Máis información en FOANPAS a través do teléfono 986 29 88 12 (en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas) ou do correo electrónico foanpas@foanpas.com



Máis cousas desde FOANPAS:

O vindeiro mércores 30 de marzo ás 17 horas en FOANPAS teremos un faladoiro sobre o libro de José Antonio Marina: “Despertad al diplodocus”.
Na oficina de FOANPAS temos exemplares do libro para o seu empréstito. Podedes solicitalos.