luns, 12 de setembro de 2016

NOVA ZONIFICACIÓN EN VIGO

¿CÁL É O PROBLEMA DA ZONIFICACIÓN NOS CENTROS DE ENSINO PÚBLICO EN VIGO?
ANTECEDENTES
Hai algúns anos decidiuse eliminar a ESO do CEP Celso Emilio Ferreiro, centro ubicado nunha zona en plena expansión demográfica, ainda que o resto de centros de Secundaria desa zona estaban xa coas aulas repletas. Tomada esta decisión, trasladan en primeiro lugar todo o alumnado do centro pechado a un centro de secundaria da zona que se masifica ata estoupar.
Despois, deciden modificar a adscrición, e trasladan o mesmo problema a outro centro. A MASIFICACIÓN DAS AULAS É UN DOS MAIORES OBSTÁCULOS PARA UN ENSINO DE CALIDADE; É MÁIS DIFICIL ATENDER Á DIVERSIDADE DO ALUMNADO E AS VECES OS
ALUMNOS E ALUMNAS ATOPANSE ACINADOS NOS SEUS PUPITRES SEN PODER MESMO VER VEN A PIZARRA.
Ante esta situación as familias solicitan á revisión e a oportuna modificación da adscrición.
Cando un centro de secundaría non pode acoller a todo o alumnado dos seus centros adscritos debe recurrirse a baremación. Pero todos os nenos e nenas terían que ter a súa praza garantida no seu centro de adscrición polo que a baremación entre os adscritos é a consecuencia dun traballo mal feito.
En marzo, as Autoridades Educativas comprometéronse verbalmente a modificar a adscrición nun futuro e autorizaron baremación entre os adscritos. Días despois, cambiase de decisión, permitindo que os solicitantes dun dos centros de primaria (CEIP Alfonso R Castelao, Navia) trasladen a súa solicitude, xa fóra de prazo, a un dos centros limítrofes (IES Valadares).
¿Cáles son os motivos desta nova decisión, repentina, arbitraria, irregular e pouco razoable (a distancia entre eses centros é de mais de 10 km)?.

REFLEXIONEMOS UN POUCO SOBRE A ADSCRICIÓN ACTUAL
-O CRITERIO DE PROXIMIDADE NON PARECE SER CONSIDERADO NALGÚNS CASOS...Como se explica que nenos e nenas asistan a un centro de secundaria que está tres veces máis lonxe que outro no que tamén poderían ter praza?
- EXISTEN CENTROS DE SECUNDARIA EN CERTAS ZONAS QUE PODERÍAN ALBERGAR MÁIS LIÑAS EDUCATIVAS DA ESO DAS QUE OFRECEN, PERO Ó NON FACELO OBRIGAN A MOITOS NENOS E NENAS A DESPRAZARSE....Por qué eses centros non abren máis liñas da ESO e teñen, pola contra, máis liñas de bacharelato?

Dende Xefatura Territorial, deixan claro o seguinte:
- O transporte é intocable; hai respectar os contratos establecidos, e mantelos ainda que xa non sexan adecuados...… AS EMPRESAS DE TRANSPORTE MARCAN OS HORARIOS E A
ORGANIZACIÓN DOS CENTROS PÚBLICOS. AS LIÑAS NON SE CONTRÁTAN ACORDE DAS NECESIDADES REAIS DE TRANSPORTE....É AO REVÉS.
- As familias teñen dereito a elixir o centro no que estudan os seus fillos e fillas e a un ensino de calidade...… e NUNHA ZONA ESCOLAR NA QUE A OFERTA DE POSTOS ESCOLARES DA ESO É INSUFICIENTE EXISTEN DOUS CENTROS QUE NON ABREN LIÑAS DA ESO PORQUE RESERVAN AS SÚAS AULAS PARA ATENDER AS NECESIDADES DE BACHARELATO DO ALUMNADO QUE PROVÉN DO ENSINO CONCERTADO, blindan o seu espazo para as necesidades futuras do ensino concertado;“os pobres que optan por centros concertados, con todo o seu dereito, logo non terán diñeiro suficiente para pagar o bacharelato nos mesmos centros. Por iso hai que reservarlles unha praza de bacharelato o máis preto posible”. Para
conseguir isto, o alumnado que opta por centros públicos ten que trasladarse da súa zona xa no ensino obrigatorio. Os dereitos e a calidade non é a mesma se falamos dos que optan polo ensino público ou concertado. Esta prioridade implica ademáis un custo maior á Administración e a todos nós, posto que hai que sufragar o transporte de todo o alumnado na ESO, non así no bacharelato.
Revindiquemos a revisión da adscrición; que se analicen os datos e se considere un único criterio: proximidade., engadindo tamén que a adscrición terña vocación de permanencia, facilitando que as familias poidan ter a todos os seus fillos e fillas no mesmo centro.