mércores, 8 de marzo de 2023

RETO CEIP VALLE INCLÁN

 #OBXECTIVO21DEMARZO

A comunidade educativa do CEIP Valle Inclán de Vigo, comprométese a asumir o legado de Judith Scott como defensora da arte en prol da gratitude para con aquelas persoas que, salvando as súas propias  dificultades, adican a súa vida a crear universos paralelos, distintos e orixinais e nos agasallan con creacións extraordinarias e unicas, cheas de talento, esforzo e humanidade.

Como comunidade custodia da equidade e coa finalidade de promover a democracia, defender os dereitos humanos e garantir a igualdade entre persoas, indistintamente das súas necesidades e dificultades, comprometémonos a ser unha “comunidade mecea”, convertíndonos en doadores de becas artísticas na FUNDACIÓN IGUALARTE para aqueles e aquelas que máis o precisen.

Para elo queremos elaborar mil obras de arte usando a técnica empregada por esta artista, aceptados o reto?

Precisamos a colaboración de toda a COMUNIDADE EDUCATIVA. Facédenos chegar as vosas esculturas. Podedes elaboralas na casa, en familia, con amigos, etc.

Para máis INFORMACIÓN: https://convivenciavalleinclan.blogspot.com/

Se a túa entidade quere participar, fai chegar ao CEIP Valle Inclán (Av. do Alcalde de Lavadores, 16, 36214 Vigo, Pontevedra) as vosas obras! A túa aportación é IMPRESCINDIBLE!

Gracias!!