xoves, 30 de maio de 2024

¡Aquí está! 📣📣 CAMPAMENTO VERANO SENSAT 2024

 ¡Aquí está! 📣📣

CAMPAMENTO VERANO SENSAT 

Si los enlaces dieran error utilizar la web www.cocofante.es 

Desde ahí podéis hacer inscripción y ver la información al completo.



QUE IMOS FACER? 

Neste campamento, imos pasalo xenial. 

Os máis cativos van entrar no centro de adestramento de superheroes e superheroínas; ademais visitaremos o espazo, construiremos o nosopropiocircoe adentrarémonos na ciencia con experimentos tolos. En canto aos maiores, farán xincanas moi divertidas, xogosderole moitas actividades cargadas de diversión e aventuras. 

COMO O IMOS FACER? 

No protocolo que podedes atopar pinchando aquí explicamos todo o noso funcionamento. Desde como entrar e saír, a como deben asistir ao campamento. 

COMO DEBO INSCRIBIRME? Antes de nada, se tedes algunha dúbida chamade e vola resolveremos. Cando xa esteades convencidos, tedes que cubrir a FICHA DE INSCRICIÓN. 

Temos tantas ganiñas de vervos a tod@s que non nos pasan os días!