luns, 24 de febreiro de 2014
domingo, 23 de febreiro de 2014
Receta para estas festas
OURELLAS DE ENTROIDO
800 GR. DE
FARIÑA
2 OVOS
100 GR. MANTEIGA
1 COPA DE ANÍS
(OU ESENCIA)
SAL
UNHA CUCHARADA
SOPERA CHEA DE LEVADURA EN POLVO
UN VASO DE AUGA
MORNA
ESPOLVOREAR
ZUCRE MOIDO OU GLÁSS.
MODO PREPARACIÓN
Derrétese a manteiga e
se engade a auga morna e un chisco de sal. Incorpóraselle unha copa de anís, ou
unas gotas de esencia. Bátense os ovos e se engaden. Mixtúrase a fariña coa
levadura, e facendo un burato no medio, bótase a mixtura anterior.
Traballarase ben a masa. Se queda moi pegada,
vaise soltando engadindo máis fariña ata conseguir unha masa ben blanda.
Dáselle a forma de “bolo” e déixase “levedar” de 15-25 minutos.
Unha vez transcorrido o tempo, úntase a meseta da
cociña con aceite, onde iranse estirando cunha botella (mellor que cun rodillo)
os pequenos trozos que, previamente convertemos en boliñas, estiramos dando
forma de rectángulos. Póñense a freír en aceite ben quente e abundante.
venres, 14 de febreiro de 2014
Máis Talleres para o Entroido
Temos máis propostas de talleres para o Entroido así que actualizamos o enlace da primeira entrada para que teñades toda a información.
xoves, 13 de febreiro de 2014
Resumen acordos asemblea ANPA

Nos próximos días recibiremos esta circular, cuxo texto publicamos aquí tamén, para a vosa consulta:
|
Estimadas familias:
Enviámosvos esta nova circular para mantervos informad@s das
seguintes cuestións:
1. Tal
como se comentou na Asemblea do martes,
4 de Febreiro, as próximas datas para
eleccións de cara á renovación do Equipo Directivo da ANPA serán:
-
6 e 7 de
Marzo, recolleranse no local da ANPA as candidaturas; nestas, como
mínimo, debería aparecer o nome d@ presidente/a pero é recomendable que a lista vaia
acompañada polo equipo que vai a acompañar ó/á presidente/a e que van a formar
conxuntamente o Equipo Directivo da ANPA.
-
28 de marzo,
votación no local da ANPA, horario
de 8:45 a 9:30h e de 16:00 a 18:00h.
2. En
dita Asemblea, acordouse presentar a carta - sen modificacións- redactada
solicitando á dirección do centro e os seus
mestr@s unha revisión dos libros de texto polo seu elevado coste. Entregada en rexistro do centro con data
10/02/2014. Enviouse copia a FOANPAS.
3. Acordouse
tamén continuar coa organización da Carreira en Familia, fotos/orla, Campamento
de Semana Santa e Verán. Recordámosvos que quen teña fotos da carreira do curso
pasado nolas faga chegar.
4. O
Concello de Vigo xunto coas asociacións
deportivas e FOANPAS, están organizando “ A
Liga de Natación Escolar”. As
datas de competición son : 09/03,
27/04 y 08/06, na sede da piscina do Pavillón do Carmen ( Traviesas).
Hai dúas categorías (1: 2006-2008; 2:
2002-2005) con dúas probas: 25 m. libres e 25 m. costa. Toda a información
detallada, poderela atopar no blog: anpajaviersensat.blogspot.com.es; no
taboleiro da entrada do cole e/ou pedir copia no local da ANPA.
@s interesad@s deixar: nome, apelidos, curso e teléfono no local da ANPA, deixando recado no buzón do teléfono ou no buzón da entrada ó local.
Para poder tramitar con tempo a solicitude do CEIP Javier Sensat, tendes como data tope o 19 de febrero.
Sen máis novidades, polo
momento, un saúdo cordial a tod@s e a seguir disfrutando da choiva!
En Vigo, a 13 de febreiro de 2014
ANPA
Talleres para o Entroido
Xa estamos en tempo de Entroido, así que vos imos informando das diversas propostas que chegan ao ANPA para celebralo con nosos peques.
Estes son os enlaces |
mércores, 12 de febreiro de 2014
Liga de Natación Escolar Concello de Vigo
Chéganos desde FOANPAS esta proposta da Concellería de Deportes do Concello de Vigo que está a desenvolver a Liga de Natación Escolar Concello de Vigo orientada a nenos e nenas de educación primaria da cidade de Vigo, e enfocada básicamente ó fomento e promoción da práctica da natación entrea poboación escolar.
Esta Liga de Natación Escolar Concello de Vigo está orientada a todos/as aqueles/as nadadores/as de educación primaria matriculados/as nos colexios de Vigo, que ao longo da tempada 2013/14 estean matriculados no programa de natación ofertado polo Concello de Vigo, o IMD ou participen en cursos de natación a través das ANPAS.
Deixámovos os enlaces cos documentos de inscrición e máis información
domingo, 2 de febreiro de 2014
Convivencia organizada por FOANPAS
A Xunta Directiva está organizando para o vindeiro mes de marzo, o días 14, 15
e 16, unha Convivencia de Anpas e familias dos centros escolares en
Quinta de Pentieiros (Ponte de Lima – Portugal).
Axuntamos os prezos e a información das actividades a realizar, tedes que levar
tenda ou reservar praza no albergue.
Esta é unha oportunidade para que as familias de Vigo, poidamos convivir dun
xeito relaxado e coñecer a realidade dos nosos centros.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)