domingo, 2 de febreiro de 2014

Convivencia organizada por FOANPAS


Estimados compañeiros:

   A Xunta Directiva está organizando para o vindeiro mes de marzo, o días 14, 15 e 16, unha Convivencia de Anpas  e familias dos centros escolares en Quinta de Pentieiros (Ponte de Lima – Portugal).

   Axuntamos os prezos e a información das actividades a realizar, tedes que levar tenda ou reservar praza no albergue.

Esta é unha oportunidade para que as familias de Vigo, poidamos convivir dun xeito relaxado e coñecer a realidade dos nosos centros.

Pregamos que nos comuniquedes á maior brevidade posible a vosa asistencia, e máxima difusión entre as nais e pais.

Calquera suxestión ou iniciativa podedes enviala o e-mail de Foanpas.

Un saúdo.

Nota: É para Xuntas Directivas e Asociados.  Podedes convocar os mestres/as.



Os prezos.


2 Adultos + 1 Neno/a en TENDA DE CAMPAÑA  (Para tenda de campaña <12 metros)
Aloxamento
15 €
Comidas
 54 € (Cea venres e sábado, almorzo sábado e domingo, comida sábado e domingo)
TOTAL
69 €
 
 
Coche
5,50 €  (Pódese  deixar fora do camping)


Albergue
2 Adultos
26,00 €
1 Neno/a
10,00 €
   Comida
54,00 €
   TOTAL
90,00 €

 
Dúbidas sobre prezos e outras combinacións de asistentes no   986 29 88 12 Foanpas, ou foanpas@foanpas.com.

Mais información www.lagoas.cm-pontedelima.pt/

En breve enviaremos calendario de actividades.