sábado, 22 de marzo de 2014

Convocatoria de ASEMBLEA

Vigo, 21 de marzo de 2014
Estimadas familias:
 Dende a Xunta  “ ofrécennos” pasar a ser membros dos comedores propios da Xunta. Esto supón unha serie de cambios significativos con respecto á situación actual. Axúntase a documentación aportada pola Xunta para a vosa información e poder opinar e valorar este cambio.

 

                Convócase  unha Asemblea de carácter extraordinario ( e de moita importancia polo que implica) para o 1 de abril ás 18:00h no Salón de Actos do colexio, na que, tras aclarar as dúbidas necesarias, procederase a unha votación para cambiar ou non a xestión do noso comedor.  

Mentres tanto, ademais, para todas aquelas familias que queiran ir resolvendo dúbidas sobre este tema, estará Itxaso no local da ANPA:

ü  martes, 25 de marzo, de 17:00-18:30h e

ü  mércores, 26 de marzo, de  16:00-17:00h;

Aquelas que non poida resolver, preguntaranse para dar unha resposta ás mesmas o día da Asemblea.

Un cordial saúdo!!!

ANPA