luns, 10 de marzo de 2014

O Entroido foi fantástico.....grazas a todos


Queridas familias, profes e  amig@s:                                        

Dende a ANPA e o seu  Comité de Organización de eventos, queremos darvos as gracias a tódolas familias e, lóxicamente, ós nen@s, pola vosa participación no ENTROIDO o 28 de febreiro no cole.
Como tod@s sabedes, era a primeira vez que se celebraba a tarde de Entroido no cole organizada exclusivamente por ANPA, e como moitos de vós xa viñerades pola mañán, non sabíamos como ía a resultar pola tarde. O éxito, dende a avaliación realizada dende a ANPA, foi total xa que houbo moitísima participación e, sobre todo, MOI BO CLIMA.
Gostaríanos facer algúns agradecementos especiais:

Ø  á boa disposición: presencia física de tantas familias e nen@s  disfrazados e sen disfrazar.  

Ø  á colaboración: coa merenda, organizando o comedor (especialmente, ó alumnado de sexto), recollida e limpeza posterior… Esto creou ambiente de unidade e bo funcionamiento.

Ø  pola música: Felipe (DJ ausente pero que nos proporcionou parte da música) e Anxo e Dani por pinchala.

Ø  polo material especial: sardiña feita por Andrés e paracaídas de Teté; aínda que, ó  final, non se fixo o manteo porque había moi bo ambiente e para non romper a dinámica que había.

Ø  polo rico  chocolate ( Catering Arelas) servido con gracia e maestría de Jorge.

Ø  Por cada un dos momentos vividos esa tarde que , algún deles están plasmados nas seguintes fotos.  Son poucas,  gostaríanos ter máis; se alguén ten e quere compartilas,  por favor , que as envíe ó correo  : anpaj.sensat@yahoo.es e as publicamos.  Se alguén non quere aparecer, por este mesmo correo que nolo comunique.

                MOITÍSIMAS GRACIAS A TOD@S   e esperamos que se manteña a participación e colaboración nos seguintes eventos.

Vigo, 10 de marzo de 2014

FOTOS ENTROIDO 2014