sábado, 24 de xaneiro de 2015

Actividades extraescolares para nenos/as NEAE

Desde FOANPAS informannos:
Os nenos con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) tamén poden asistir á actividade extraescolar de natación. Para iso, tedes que dirixirvos ao IMD á atención de Pepe para facer a solicitude de praza de natación inclusiva. 
Deste xeito, os/as nenos/as NEAE poden acudir á actividade cos/coas compañeiros/as de clase.

Queremos facer chegar esta información ás familias con nenos/as NEAE (autismo, TDAH, parálise cerebral, etc.) por se puderan estar interesadas.