mércores, 28 de xaneiro de 2015

PRESENTACIÓN DA 13ª DA LIGA LINCO




Este curso escolar o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará por décimo terceiro ano consecutivo unha nova edición da Liga Interna de Colexios LINCO CLASS, dirixida a rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos, tódolos venres desde o mes de febreiro ata o mes de maio de 16:15 a 18:00 horas no Pavillón Municipal de Navia.



O acto de presentación da 13ª Liga LINCO terá lugar o próximo venres día 30 de xaneiro do 2015 no Pavillón Municipal de Navia ás 16:15 horas.


Neste acto levarase a cabo a presentación oficial das dúas competicións escolares que organiza a nosa entidade, das escolas deportivas participantes nas mesmas e do grupo de árbitros e oficiais. 

Aínda que o prato forte da xornada será a disputa dos primeiros partidos amigables do curso entre tódolos equipos das escolas deportivas.