xoves, 15 de xaneiro de 2015

LIGA DE NATACIÓN ESCOLAR 2015





Queremos comunicarvos que este ano se vai celebrar outra vez A Liga de Natación Escolar “Concello de Vigo”, organizada pola Concellería de Deportes de Vigo coa dirección técnico-deportiva do Club Natación Vigo Rías Baixas, coa colaboración de FOANPAS, IMD e Fundación Vide.

Sede: Piscina Municipal do Carmen ( Travesas).

Datas:
o Xornada 1: 01/02/2015
o Xornada 2: 08/03/2015
o Xornada 3: 26/04/2015

Horarios: dende as 9.00h hasta as 14.00

 Categorías:
φ Promesas: nadadores masculinos e femininos nados nos anos 2007-2008 e 2009
φ Benxamíns: nadadores masculinos e femininos nados nos anos 2003-2004-2005 e 2006

Probas: En ambas categorías : 25 metros libres e 25 metros costas ( de espalda)

Dende o ANPA do cole animámosvos a participar, para elo tendes que apuntarvos no local da ANPA, mediante unha nota no buzón ou deixando recado no contestador cos seguintes datos, antes do 21 de xaneiro:

- Nome, apelidos do niñ@
- Data de nacemento, curso
- Teléfono de contacto